Tense constancia da existencia dun poboado castrexo na aba do monte Faro, datado nos inicios da Idade de Ferro. Tamén se detecta a presencia romana, debido á aparición de cerámicas e as tégulas nun asentamento.
No século XVI desembarcan nas Cíes o corsario inglés Francis Drake e piratas berberiscos. As continúas invasións provocan o abandono das illas dende o 1700 ata o século XIX, cando se constrúe o primeiro faro.
Na segunda década do século XX foron sede dunha factoría baleeira norueguesa.
Foi unha zona fortemente afectada polo desastre do afundimento do petroleiro Prestige.
Actualmente, só os gardas forestais e un nativo permanecen na illa durante todo o ano.
Hai unha lenda que conta que Deus descansou nas illas Cíes no sétimo día da súa creación.
En 1961 erixiuse na illa un monólito como homenaxe da provincia de Pontevedra a Francisco Franco no 25 aniversario do seu alzamento nacional.
Dito monólito intentouse demoler ás 20:25 horas do 30 de xuño de 2008,
pero os operarios da empresa Tragsa usaron pouca dinamita e a demolición
foi un fracaso, quedando o monólito inclinado e a demolición postergada
para outra ocasión. Finalmente, ás 7:40 do día seguinte, logrou
derrubarse. Os restos do monólito, que estaba ancorado á superficie con
raís de ferrocarril, serán levados da illa nun buque especial para
evitar danar as dunas.
Este intento de demolición levouse a cabo de modo apresurado, pois o
día 30 de xuño de 2008 remataba a propiedade estatal da illa, ó ser
transferida xunto ó resto das illas do Parque nacional das Illas Atlánticas á Xunta de Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario