calendario
jueves, 31 de enero de 2013
viernes, 18 de enero de 2013
bunito
As matogueiras da illa compóñense fundamentalmente de especies autóctonas, como o toxo, a xesta, a esparragueira, o torvisco ou a xara.
O bosque é o que sufriu as maiores alteracións, xa que desapareceron especies autóctonas como a figueira e outras como o cerquiño quedaron reducidas a áreas case testemuñais, ao repoboarse as illas con piñeiros e eucaliptos case nunha cuarta parte da superficie. Os ventos fortes con alto contido en sales dificultan, á súa vez, o desenvolvemento das árbores.
Nas dunas, praias e cantís mantéñense especies, algunhas delas endémicas do litoral galaico-portugués, propias destes medios, cunhas condicións físicas e climatolóxicas moi extremas. Destaca a presenza da herba de namorar (Armeria pungens) e (Armeria maritima), e da camariña (Corema album) en perigo de extinción.
Na zona da lagoa atópase vexetación típica de marismas, como os xuncos.
A flora das Illas Cíes conta cun total de 602 especies vexetais catalogadas, entre elas 415 espontáneas, 44 plantas subespontáneas ou naturalizadas e 143 cultivadas, das cales 15 son híbridas.

monolito franco nas cies
Tense constancia da existencia dun poboado castrexo na aba do monte Faro, datado nos inicios da Idade de Ferro. Tamén se detecta a presencia romana, debido á aparición de cerámicas e as tégulas nun asentamento.
No século XVI desembarcan nas Cíes o corsario inglés Francis Drake e piratas berberiscos. As continúas invasións provocan o abandono das illas dende o 1700 ata o século XIX, cando se constrúe o primeiro faro.
Na segunda década do século XX foron sede dunha factoría baleeira norueguesa.
Foi unha zona fortemente afectada polo desastre do afundimento do petroleiro Prestige.
Actualmente, só os gardas forestais e un nativo permanecen na illa durante todo o ano.
Hai unha lenda que conta que Deus descansou nas illas Cíes no sétimo día da súa creación.
En 1961 erixiuse na illa un monólito como homenaxe da provincia de Pontevedra a Francisco Franco no 25 aniversario do seu alzamento nacional. Dito monólito intentouse demoler ás 20:25 horas do 30 de xuño de 2008, pero os operarios da empresa Tragsa usaron pouca dinamita e a demolición foi un fracaso, quedando o monólito inclinado e a demolición postergada para outra ocasión. Finalmente, ás 7:40 do día seguinte, logrou derrubarse. Os restos do monólito, que estaba ancorado á superficie con raís de ferrocarril, serán levados da illa nun buque especial para evitar danar as dunas.
Este intento de demolición levouse a cabo de modo apresurado, pois o día 30 de xuño de 2008 remataba a propiedade estatal da illa, ó ser transferida xunto ó resto das illas do Parque nacional das Illas Atlánticas á Xunta de Galicia.

ILLAS CIES
As Illas Cíes forman un arquipélago situado na boca da Ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na Provincia de Pontevedra, Galiza. As illas pertencen ao concello de Vigo, e atópanse a 42º 15' de latitude norte, e a 8º 54' de latitude oeste. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza creado o 1 de xullo de 2002. Ademais, polas importantes colonias de aves mariñas, as Illas Cíes contan coa declaración de Zona de Especial Protección para as Aves. Tamén son un Lugar de Importancia Comunitaria e mais Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
O arquipélago está formado por tres illas principais: a illa de Monteagudo (ou illa do Norte), a illa do Faro (ou Illa do Medio) e maila illa de San Martiño (ou illa do Sur), xunto a pequenos illotes como Boeiro ou Agoeiro, Viños, Carabelos e O Ruzo. Todas elas contan con 433 hectáreas terrestres de superficie, mentres que a superficie mariña protexida incluída no parque é de 2.658 hectáreas.
No ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas, na illa de Monteagudo, como a "praia máis fermosa do mundo".
A parte das praias o seu grande atractivo son os seus cantís e os denominados niños de abellas e as cacholas (cavidades redondeadas producidas na superficie das rochas que acaban fusionándose dando lugar a oquidades maiores).

Suscribirse a:
Entradas (Atom)